Velaquí as respostas aos dous primeiros retos...
Resposta ao RETO 1: o obxecto celeste que estamos vendo ao anoitecer durante este mes de abril, así coma no pasado marzo, é o planeta Venus. Noutras épocas do ano podemos velo, sempre destacando polo seu brillo, antes do amencer (de aí ser coñecido coma o "lucero do alba" e tamén "luceiro do solpor"). Coma o resto de planetas visibles do Sistema Solar, o seu brillo non é escintilante ou "parpadeante" coma o das estrelas (pola colosal distancia que a luz desas estrelas atravesa ata chegar a nós) senón máis continuo. Recomendámosvos de novo este enlace se queredes observar outros planetas coma Xúpiter, Venus ou Saturno neste mesmo mes e aprender outras curiosidades. Tamén vos recomendamos o estupendo comentario ao reto 1 que nos fixo chegar Xiana (enlace), de 4º, completado con fotos do planeta Venus dende a súa casa...parabéns por explicalo tan ben!
Resposta ao RETO 2: A adición de sal á auga fai que aumente a súa densidade (a cantidade de masa por unidade de volume). Eso orixina que a auga sen sal (menos densa) quede por riba da auga con sal. Polo tanto a solución é: a disolución da parte superior, de cor verde, non ten sal, e a de cor marrón ten sal.
E agora...xa están aquí...dous novos retos de Ciencias no Baronceli!!!
RETO 3: QUÍMICA NA COCIÑA(I) : POR QUE CHORAMOS AO CORTAR CEBOLA?
Seguro que
notáchedes que moitas veces ao picar cebola para cociñar, pícannos tanto os ollos que somos incapaces de
non botar algunha bágoa…
A pregunta do RETO 3 é: os compostos de QUE ELEMENTO QUÍMICO provocan este efecto e
como.
Pista 1: O elemento en
cuestión está no grupo 16 (VIA) da Táboa Periódica
Pista 2: Os seus
compostos soen ter un cheiro “peculiar”
RETO 4:
As dúas fotos que seguen son o comezo e o final dunha sinxela experimentación que podedes realizar na vosa cociña: conseguir unha folla verde (foto A) de calquera planta, troceala en anacos, triturar esos anacos nun recipiente cun pouco de alcol, e no líquido verdoso resultante introducir o extremo dunha tira branca de cartulina ou papel groso absorbente; tras esperar -unha media hora- a que o líquido ascenda pola tira de cartulina... velaquí o resultado! (foto B).
Foto A:Foto B:
A pregunta do RETO 4 é: por que observamos 3 cores diferentes (verde, amarelo, avermellado) se partimos dunha folla VERDE?
Pista: ten moito que ver co cambio de cor das follas no outono...
Dade vía libre á vosa curiosidade e animádevos a seguir participando, ánimo!!