domingo, 5 de abril de 2020

RETOS 1 e 2


RETO 1: QUE BRILA NO CEO AO ANOITECER?

Esta foto foi tomada algo máis dunha hora despois de poñerse o Sol, na provincia de Ourense, este domingo12 de abril:


Mirando por unha fiestra que mire cara o Oeste ("poñente"), nos momentos en que o ceo non esté cuberto de nubes, durante este mes de abril e tamén no pasado marzo, podemos observar un obxecto celeste moi brilante case dende o momento da posta de Sol ata aproximadamente a medianoite. PODES DICIRNOS DE QUE SE TRATA? (RETO 1) Envía a túa resposta a cienciasbaronceli@gmail.com (indica o teu nome e curso). Importante: non salgas da propia casa para velo, faino por unha fiestra; se non che é posible, aquí tes este observatorio virtual do ceo nocturno.

Para este 1º reto daremos dúas pistas:

Pista A (do RETO 1):  Non emite luz propia, senon que a reflicte (logo non é unha estrela!)
Pista B (do RETO 1): A seguinte imaxe representa o Sistema Solar a comezos deste mes de abril (pincha na imaxe para vela en grande; podes atopala xunto con máis información neste enlace):




RETO 2: QUE COR LLE CORRESPONDE A CADA DISOLUCIÓN?





Neste vaso mesturamos dúas disolucións: unha formada só por agua e colorante e outra formada por auga, colorante e sal. CAL É CADA UNHA E POR QUE? (RETO 2)
PISTA: para sabelo terás que lembrar o concepto de densidade e a súa relación coa flotabilidade.

Envíade as vosas respostas a cienciasbaronceli@gmail.com (indicando nome e curso). ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

NESTE VERÁN...MANTÉN A CURIOSIDADE!!

Rematamos o curso, e chega o merecido cambio de aires e de actividades que trae consigo o verán. Pode ser un tempo de adicarnos máis a aque...