A continuación propoñémosvos unha serie de enlaces e recursos que vos serán enormemente útiles e interesantes, máis nestas semanas de permanencia nos fogares. Botádelles un ollo, sorprenderanvos...!
- LIBROS, PELÍCULAS E DOCUMENTAIS SOBRE CIENCIA: imposible que non atopes algo que che guste! (enlace)
- WEBCAMS pasa observar animais salvaxes en todo o mundo! (enlace)
- 10 WEBCAMS para observar niños de aves salvaxes e urbanas (enlace)
- RECOÑECES ESTES SONS? (pincha en cada ave, sorprenderaste...!). Excelente páxina sobre a fauna e flora dos nosos ríos (enlace)
- "QUE LLE FAI O CORONAVIRUS AO TEU CORPO?" Páxina en español de National Geographic con ese e moitos outros artigos e seccións. Podes descargar de balde as revistas de marzo e abril...e moito máis! (enlace)
- “HAI VIDA EXTRATERRESTRE?” Máis dun cento de conferencias de divulgación do CSIC sobre este e outros temas de múltiples disciplinas: intelixencia articial, neurociencia, os antepasados humanos, as vacinas, o cambio climático, a antimateria, o espazo-tempo… (enlace)
- CIENCIA NA TÚA CASA: "Aquelandonacasa" na TVG. Anímate a facer os teus propios experimentos de ciencia e envíaos a aquelandotvg@gmail.com! (enlace)
- CIENCIA NA RÚA: "Aquelando" na TVG. Podes ver todos os programas emitidos deste interesante programa de ciencia para todos os públicos (enlace)
- ENGÁNANOS O CEREBRO? "Brain games" e multitude de programas de Ciencia e Tecnoloxía na TVE (enlace)
- BUSCAS RECURSOS ENTRETIDOS PARA COMPRENDER AS CIENCIAS? Nestes enlaces temos á nosa disposición multitude de recursos para aprender e xogar, clasificados por asignaturas e cursos, consultádeos! (educarex) (iessuel) (proyectobiosfera)
Ningún comentario:
Publicar un comentario