sábado, 27 de xuño de 2020

NESTE VERÁN...MANTÉN A CURIOSIDADE!!

Rematamos o curso, e chega o merecido cambio de aires e de actividades que trae consigo o verán.
Pode ser un tempo de adicarnos máis a aquelas cousas para as que durante o curso escolar non  tíñamos tanto tempo como quixéramos. A ciencia e as súas múltiples facetas pode ser unha delas, e nesta entrada do blog queremos suxerirvos algunhas recomendacións...

Nunha anterior entrada, durante o confinamento da primaveira, recomendábamosvos unha serie de enlaces moi variados e cremos que moi interesantes (lembrámovolos despois). Engadimos a aqueles estes outros:

  • ECOIDEAS ADEGA con experimentos, utilidades e informacións moi orixinais e útiles que ademáis nos axudan a respetar o medio ambiente, dende as nosas casas: botade un ollo, hai unha enorme variedade! (enlace)
  • "QUE É A COVID-19?" Neste blog científico atoparedes diferentes entradas sobre temas científicos de actualidade adaptados a estudantes coma tí, paga a pena visitalo! (enlace
  • 20 MUSEOS CIENTÍFICOS DE TODO O MUNDO que podemos visitar virtualmente! (enlace)

A continuación expoñemos de novo os enlaces e recursos que vos suxerimos neste blog no mes de abril. Se non o fixéchedes aínda, botádelles un ollo...sorprenderanvos!

  • LIBROS, PELÍCULAS E DOCUMENTAIS SOBRE CIENCIA: imposible que non atopes algo que che guste! (enlace)
  • WEBCAMS pasa observar animais salvaxes en todo o mundo! (enlace)
  • 10 WEBCAMS para observar niños de aves salvaxes e urbanas (enlace)
  • RECOÑECES ESTES SONS? (pincha en cada ave, sorprenderaste...!). Excelente páxina sobre a fauna e flora dos nosos ríos (enlace)
  • "QUE LLE FAI O CORONAVIRUS AO TEU CORPO?" Páxina en español de National Geographic con ese e moitos outros artigos e seccións. Podes descargar de balde as revistas de marzo e abril...e moito máis! (enlace)
  • “HAI VIDA EXTRATERRESTRE?” Máis dun cento de conferencias de divulgación do CSIC sobre este e outros temas de múltiples disciplinas: intelixencia articial, neurociencia, os antepasados humanos, as vacinas, o cambio climático, a antimateria, o espazo-tempo… (enlace)
  • CIENCIA NA TÚA CASA: "Aquelandonacasa" na TVG. Anímate a facer os teus propios experimentos de ciencia e envíaos a aquelandotvg@gmail.com! (enlace)
  • CIENCIA NA RÚA: "Aquelando" na TVG. Podes ver todos os programas emitidos deste interesante programa de ciencia para todos os públicos (enlace)
  • ENGÁNANOS O CEREBRO? "Brain games" e multitude de programas de Ciencia e Tecnoloxía na TVE (enlace)
  • BUSCAS RECURSOS ENTRETIDOS PARA COMPRENDER AS CIENCIAS? Nestes enlaces temos á nosa disposición multitude de recursos para aprender e xogar, clasificados por asignaturas e cursos, consultádeos! (educarex) (iessuel) (proyectobiosfera)
FELIZ VERÁN A TODOS/AS!! VÉMONOS EN SETEMBRO!!

martes, 16 de xuño de 2020

RESPOSTAS AOS RETOS 3 E 4



Queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas do Baronceli que participáchedes enviando as vosas respostas aos retos 3 e 4: Santiago Pérez (4ºA), Emily Prieto (4ºA), Tatiana Barja (4ºA), Xiana Feijoó (4º), Juan José Barja (3º), María Castro (2º), Pedro Villarino (3ºA) e Cristina Martínez (3ºA) Moitas grazas pola vosa participación, seguide así!

Velaquí as respostas aos retos...

Resposta ao RETO 3: Recollemos a resposta dada por Tatinana Barja, moi ben explicada e que non pode ser máis completa:

"Son Tatiana, e veño a resolver o curioso reto de por que choramos ao cortar unha cebola; resposta que, como moitas, ten que ver coa química.Cando a cebola está enteira non existe ningún tipo de problema. Agora ben, ao tratar de cortala, o coitelo rompe numerosas moléculas, liberando compostos como enzimas, ácidos e aminoácidos (con nomes, por suposto, un tanto raros). Estos fluídos entran en contacto co aire, desencadeando reaccións químicas que formarán unha substancia volátil, rica en xofre e con propiedades como a de combinarse coa auga. Así, este gas impregna o aire do lugar e entra en contacto coa auga que mantén os nosos ollos permanentemente húmidos, orixinando substancias como o propanol ou o ácido sulfúrico. Isto produce irritación na superficie do ollo, obrigándoo a producir máis auga (en forma de lágrimas) para conseguir diluílo.Existen pequenos remedios caseiros que axudan a diminuír (que non eliminar) o molesto feito: -Cortar a cebola en auga fría para que a maior parte das reaccións se produzan alí e non cheguen aos nosos ollos. -Empregar un coitelo de filo para cortar con máis precisión e desgarrar menos capas do vexetal. -Usar lentes de cociña para protexernos. En verdade, tratase dun problema curioso, pero seguramente o resultado da comida que estemos preparando sexa o suficientemente apetitoso como para non preocuparnos por algo que tan só nos molesta durante uns segundos :) "

Resposta ao RETO 4: Como indicáchedes gran parte de vós, as diferentes cores que "saíron" dunha folla que víamos de cor verde teñen que ver cos pigmentos que as plantas acumulan nos seus cloroplastos (estructuras microscópicas que teñen nas células das partes verdes, e grazas ás cales poden facer a fotosíntese polo día). Os pigmentos seguramente máis "famosos" son as clorofilas, de cor verde, que tamén son os máis abundantes (o cal explica que vexamos as plantas verdes), pero non son os únicos presentes nas plantas. Reproducimos parte das resposta dadas por Emily Prieto e Xiana Feijoo, respectivamente, que amplían moi ben a explicación do reto 4:

"...a folla contén varios pigmentos distintos. Vese verde porque a clorofila é o pigmento predominante, pero tamén conteñen carotenos (laranxa), antocianinas (vermello) e flavonoides (amarelo).  Por esta mesma razón, as follas do outono cambian de cor: a clorofila diminúe a medida que a luz solar tamén o fai, deixando visibles -temporalmente- os outros pigmentos".
"Las hojas de las plantas son mayoritariamente verdes por toda la clorofila que contiene (pigmento principal para capturar la luz solar durante la fotosíntesis).
La clorofila absorbe todos los colores de la luz excepto el verde, que es reflejado. Las hojas también producen otros pigmentos que reflejan otros colores, pero es tanta la clorofila que oculta a los demás.
Cuando la hoja va a morir, la clorofila es removida y los otros pigmentos que reflejaban otros colores distintos al verde se vuelven visibles (carotenoides y antocianinas).  Pero no todas las hojas tienen la misma cantidad de clorofila, por eso los distintos tonos de verde, lilas y rojos en primavera, pues son muchos pigmentos juntos."



NESTE VERÁN...MANTÉN A CURIOSIDADE!!

Rematamos o curso, e chega o merecido cambio de aires e de actividades que trae consigo o verán. Pode ser un tempo de adicarnos máis a aque...