Queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas do Baronceli que
participáchedes enviando as vosas respostas aos retos 3 e 4: Santiago Pérez (4ºA), Emily Prieto (4ºA),
Tatiana Barja (4ºA), Xiana Feijoó (4º), Juan José Barja (3º), María Castro
(2º), Pedro Villarino (3ºA) e Cristina Martínez (3ºA) Moitas grazas pola vosa
participación, seguide así!
Velaquí as respostas aos
retos...
Resposta ao RETO 3: Recollemos a resposta
dada por Tatinana Barja, moi ben explicada e que non pode ser máis completa:
"Son Tatiana, e veño a resolver o curioso reto de por que choramos ao cortar
unha cebola; resposta que, como moitas, ten que ver coa química.Cando a
cebola está enteira non existe ningún tipo de problema. Agora ben, ao tratar de
cortala, o coitelo rompe numerosas moléculas, liberando compostos como enzimas,
ácidos e aminoácidos (con nomes, por suposto, un tanto raros). Estos fluídos
entran en contacto co aire, desencadeando reaccións químicas que formarán unha
substancia volátil, rica en xofre e con propiedades como a de
combinarse coa auga. Así, este
gas impregna o aire do lugar e entra en contacto coa auga que mantén os nosos ollos
permanentemente húmidos, orixinando substancias como o propanol ou o ácido
sulfúrico. Isto produce irritación na superficie do ollo, obrigándoo a producir
máis auga (en forma de lágrimas) para conseguir diluílo.Existen
pequenos remedios caseiros que axudan a diminuír (que non eliminar) o molesto
feito: -Cortar
a cebola en auga fría para que a maior parte das reaccións se produzan alí e
non cheguen aos nosos ollos. -Empregar
un coitelo de filo para cortar con máis precisión e desgarrar menos capas do
vexetal. -Usar
lentes de cociña para protexernos. En verdade,
tratase dun problema curioso, pero seguramente o resultado da comida que
estemos preparando sexa o suficientemente apetitoso como para non preocuparnos
por algo que tan só nos molesta durante uns segundos :) "
Resposta ao RETO 4: Como indicáchedes
gran parte de vós, as diferentes cores que "saíron" dunha folla que
víamos de cor verde teñen que ver cos pigmentos que as plantas acumulan nos seus
cloroplastos (estructuras microscópicas que teñen nas células das partes verdes,
e grazas ás cales poden facer a fotosíntese polo día). Os pigmentos seguramente
máis "famosos" son as clorofilas, de cor verde, que tamén son os máis
abundantes (o cal explica que vexamos as plantas verdes), pero non son os únicos
presentes nas plantas. Reproducimos parte das resposta dadas por Emily Prieto e
Xiana Feijoo, respectivamente, que amplían moi ben a explicación do reto 4:
"...a folla contén varios pigmentos distintos. Vese verde porque a clorofila é o pigmento predominante, pero tamén conteñen carotenos (laranxa), antocianinas (vermello) e flavonoides (amarelo). Por esta mesma razón, as follas do outono cambian de cor: a clorofila diminúe a medida que a luz solar tamén o fai, deixando visibles -temporalmente- os outros pigmentos".
"Las hojas de las plantas son mayoritariamente verdes por toda la clorofila que contiene (pigmento principal para capturar la luz solar durante la fotosíntesis).
La clorofila absorbe todos los colores de la luz excepto el verde, que es reflejado. Las hojas también producen otros pigmentos que reflejan otros colores, pero es tanta la clorofila que oculta a los demás.
Cuando la hoja va a morir, la clorofila es removida y los otros pigmentos que reflejaban otros colores distintos al verde se vuelven visibles (carotenoides y antocianinas). Pero no todas las hojas tienen la misma cantidad de clorofila, por eso los distintos tonos de verde, lilas y rojos en primavera, pues son muchos pigmentos juntos."
Ningún comentario:
Publicar un comentario