sábado, 27 de xuño de 2020

NESTE VERÁN...MANTÉN A CURIOSIDADE!!

Rematamos o curso, e chega o merecido cambio de aires e de actividades que trae consigo o verán.
Pode ser un tempo de adicarnos máis a aquelas cousas para as que durante o curso escolar non  tíñamos tanto tempo como quixéramos. A ciencia e as súas múltiples facetas pode ser unha delas, e nesta entrada do blog queremos suxerirvos algunhas recomendacións...

Nunha anterior entrada, durante o confinamento da primaveira, recomendábamosvos unha serie de enlaces moi variados e cremos que moi interesantes (lembrámovolos despois). Engadimos a aqueles estes outros:

  • ECOIDEAS ADEGA con experimentos, utilidades e informacións moi orixinais e útiles que ademáis nos axudan a respetar o medio ambiente, dende as nosas casas: botade un ollo, hai unha enorme variedade! (enlace)
  • "QUE É A COVID-19?" Neste blog científico atoparedes diferentes entradas sobre temas científicos de actualidade adaptados a estudantes coma tí, paga a pena visitalo! (enlace
  • 20 MUSEOS CIENTÍFICOS DE TODO O MUNDO que podemos visitar virtualmente! (enlace)

A continuación expoñemos de novo os enlaces e recursos que vos suxerimos neste blog no mes de abril. Se non o fixéchedes aínda, botádelles un ollo...sorprenderanvos!

  • LIBROS, PELÍCULAS E DOCUMENTAIS SOBRE CIENCIA: imposible que non atopes algo que che guste! (enlace)
  • WEBCAMS pasa observar animais salvaxes en todo o mundo! (enlace)
  • 10 WEBCAMS para observar niños de aves salvaxes e urbanas (enlace)
  • RECOÑECES ESTES SONS? (pincha en cada ave, sorprenderaste...!). Excelente páxina sobre a fauna e flora dos nosos ríos (enlace)
  • "QUE LLE FAI O CORONAVIRUS AO TEU CORPO?" Páxina en español de National Geographic con ese e moitos outros artigos e seccións. Podes descargar de balde as revistas de marzo e abril...e moito máis! (enlace)
  • “HAI VIDA EXTRATERRESTRE?” Máis dun cento de conferencias de divulgación do CSIC sobre este e outros temas de múltiples disciplinas: intelixencia articial, neurociencia, os antepasados humanos, as vacinas, o cambio climático, a antimateria, o espazo-tempo… (enlace)
  • CIENCIA NA TÚA CASA: "Aquelandonacasa" na TVG. Anímate a facer os teus propios experimentos de ciencia e envíaos a aquelandotvg@gmail.com! (enlace)
  • CIENCIA NA RÚA: "Aquelando" na TVG. Podes ver todos os programas emitidos deste interesante programa de ciencia para todos os públicos (enlace)
  • ENGÁNANOS O CEREBRO? "Brain games" e multitude de programas de Ciencia e Tecnoloxía na TVE (enlace)
  • BUSCAS RECURSOS ENTRETIDOS PARA COMPRENDER AS CIENCIAS? Nestes enlaces temos á nosa disposición multitude de recursos para aprender e xogar, clasificados por asignaturas e cursos, consultádeos! (educarex) (iessuel) (proyectobiosfera)
FELIZ VERÁN A TODOS/AS!! VÉMONOS EN SETEMBRO!!

martes, 16 de xuño de 2020

RESPOSTAS AOS RETOS 3 E 4



Queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas do Baronceli que participáchedes enviando as vosas respostas aos retos 3 e 4: Santiago Pérez (4ºA), Emily Prieto (4ºA), Tatiana Barja (4ºA), Xiana Feijoó (4º), Juan José Barja (3º), María Castro (2º), Pedro Villarino (3ºA) e Cristina Martínez (3ºA) Moitas grazas pola vosa participación, seguide así!

Velaquí as respostas aos retos...

Resposta ao RETO 3: Recollemos a resposta dada por Tatinana Barja, moi ben explicada e que non pode ser máis completa:

"Son Tatiana, e veño a resolver o curioso reto de por que choramos ao cortar unha cebola; resposta que, como moitas, ten que ver coa química.Cando a cebola está enteira non existe ningún tipo de problema. Agora ben, ao tratar de cortala, o coitelo rompe numerosas moléculas, liberando compostos como enzimas, ácidos e aminoácidos (con nomes, por suposto, un tanto raros). Estos fluídos entran en contacto co aire, desencadeando reaccións químicas que formarán unha substancia volátil, rica en xofre e con propiedades como a de combinarse coa auga. Así, este gas impregna o aire do lugar e entra en contacto coa auga que mantén os nosos ollos permanentemente húmidos, orixinando substancias como o propanol ou o ácido sulfúrico. Isto produce irritación na superficie do ollo, obrigándoo a producir máis auga (en forma de lágrimas) para conseguir diluílo.Existen pequenos remedios caseiros que axudan a diminuír (que non eliminar) o molesto feito: -Cortar a cebola en auga fría para que a maior parte das reaccións se produzan alí e non cheguen aos nosos ollos. -Empregar un coitelo de filo para cortar con máis precisión e desgarrar menos capas do vexetal. -Usar lentes de cociña para protexernos. En verdade, tratase dun problema curioso, pero seguramente o resultado da comida que estemos preparando sexa o suficientemente apetitoso como para non preocuparnos por algo que tan só nos molesta durante uns segundos :) "

Resposta ao RETO 4: Como indicáchedes gran parte de vós, as diferentes cores que "saíron" dunha folla que víamos de cor verde teñen que ver cos pigmentos que as plantas acumulan nos seus cloroplastos (estructuras microscópicas que teñen nas células das partes verdes, e grazas ás cales poden facer a fotosíntese polo día). Os pigmentos seguramente máis "famosos" son as clorofilas, de cor verde, que tamén son os máis abundantes (o cal explica que vexamos as plantas verdes), pero non son os únicos presentes nas plantas. Reproducimos parte das resposta dadas por Emily Prieto e Xiana Feijoo, respectivamente, que amplían moi ben a explicación do reto 4:

"...a folla contén varios pigmentos distintos. Vese verde porque a clorofila é o pigmento predominante, pero tamén conteñen carotenos (laranxa), antocianinas (vermello) e flavonoides (amarelo).  Por esta mesma razón, as follas do outono cambian de cor: a clorofila diminúe a medida que a luz solar tamén o fai, deixando visibles -temporalmente- os outros pigmentos".
"Las hojas de las plantas son mayoritariamente verdes por toda la clorofila que contiene (pigmento principal para capturar la luz solar durante la fotosíntesis).
La clorofila absorbe todos los colores de la luz excepto el verde, que es reflejado. Las hojas también producen otros pigmentos que reflejan otros colores, pero es tanta la clorofila que oculta a los demás.
Cuando la hoja va a morir, la clorofila es removida y los otros pigmentos que reflejaban otros colores distintos al verde se vuelven visibles (carotenoides y antocianinas).  Pero no todas las hojas tienen la misma cantidad de clorofila, por eso los distintos tonos de verde, lilas y rojos en primavera, pues son muchos pigmentos juntos."



domingo, 31 de maio de 2020

MÁIS VÍDEOS E FOTOS DOS VOSOS TRABALLOS


Nuns días desvelaremos as respostas aos retos 3 e 4...aínda estades a tempo de participar neles quenes non o fixéchedes, animádevos!

A continuación tedes unha mostra atractiva e orixinal dalgúns dos traballos que os alumnos/as levades feito, en moitos casos de xeito voluntario e optativo, durante as anteriores semanas:


  • Pedro Villarino, de 3ºA, enviounos estes VÍDEOS de experimentos caseiros que se suman aos xa enviados por algúns de vós e publicados na primeira entrada deste blog. Nun, explícanos de forma sinxela e clara un curioso efecto da presión atmosférica sobre un vaso con auga posto do revés. E no segundo, a partir dunha reacción química, elabora un volcán caseiro.
  • Xiana Feijoo de 4ºA enviounos este VÍDEO onde nos conta a importancia que ten a biodiversidade non só para os ecosistemas e o medio ambiente senón tamén para nós, e faino alundindo a unha especie moi familiar para nós... Sorprenderavos a relación que explica ca supervivencia e as defensas contra os virus!
  • Gabriel Álvarez de 1ºA enviounos este VÍDEO onde nos fala do lince ibérico, unha especie en perigo de extinción  e protexida, lembrándonos a importancia de protexer o noso medio que é tamén o de tantos outras seres.
  • Gabriel Álvarez, Denís Infiesta, Paula Salgado (de 1ºA), Daniela Atanes, Alba Fariñas e Joao Pereira (de 1ºB) participaron nun "SAFARI FOTOGRÁFICO" proposto para atopar, e clasificar dentro do Reino Animal visto, varios vertebrados e invertebrados do seu entorno.

PARABÉNS A TODOS POLO VOSOS TRABALLOS!!
ENVIDADE AS RESPOSTAS AOS RETOS 3 E 4 QUENES AÍNDA NON O FIXÉCHEDES!!

luns, 27 de abril de 2020

RETOS 3 e 4

Queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas do Baronceli que participáchedes enviando as vosas respostas aos retos 1 e 2: Iara Quintas (1ºA), Xoana Quintas (1ºB), Emilio González (1ºB), Xiana Feijoó (4º), Emily Prieto (4º), Tatiana Barja (4º), Juan José Barja (3º), Grabiel Álvarez (1ºA), Aliche La Placa (2º) e María Castro (2º). Moitas grazas pola vosa participación, seguide así!

Velaquí as respostas aos dous primeiros retos...

Resposta ao RETO 1: o obxecto celeste que estamos vendo ao anoitecer durante este mes de abril, así coma no pasado marzo, é o planeta Venus. Noutras épocas do ano podemos velo, sempre destacando polo seu brillo, antes do amencer (de aí ser coñecido coma o "lucero do alba" e tamén "luceiro do solpor"). Coma o resto de planetas visibles do Sistema Solar, o seu brillo non é escintilante ou "parpadeante" coma o das estrelas (pola colosal distancia que a luz desas estrelas atravesa ata chegar a nós) senón máis continuo. Recomendámosvos de novo este enlace se queredes observar outros planetas coma Xúpiter, Venus ou Saturno neste mesmo mes e aprender outras curiosidades. Tamén vos recomendamos o estupendo comentario ao reto 1 que nos fixo chegar Xiana (enlace), de 4º, completado con fotos do planeta Venus dende a súa casa...parabéns por explicalo tan ben!

Resposta ao RETO 2: A adición de sal á auga fai que aumente a súa densidade (a cantidade de masa por unidade de volume). Eso orixina que a auga sen sal (menos densa) quede por riba da auga con sal. Polo tanto a solución é: a disolución da parte superior, de cor verde, non ten sal, e a de cor marrón ten sal.


E agora...xa están aquí...dous novos retos de Ciencias no Baronceli!!!

RETO 3: QUÍMICA NA COCIÑA(I) : POR QUE CHORAMOS AO CORTAR CEBOLA?






Seguro que notáchedes que moitas veces ao picar cebola para cociñar, pícannos tanto os ollos que somos incapaces de non botar algunha bágoa… 
A pregunta do RETO 3 é: os compostos de QUE ELEMENTO QUÍMICO provocan este efecto e como.

Pista 1: O elemento en cuestión está no grupo 16 (VIA) da Táboa Periódica

Pista 2: Os seus compostos soen ter un cheiro “peculiar”



RETO 4:
As dúas fotos que seguen son o comezo e o final dunha sinxela experimentación que podedes realizar na vosa cociña: conseguir unha folla verde (foto A) de calquera planta, troceala en anacos, triturar esos anacos nun recipiente cun pouco de alcol, e no líquido verdoso resultante introducir o extremo dunha tira branca de cartulina ou papel groso absorbente; tras esperar -unha media hora- a que o líquido ascenda pola tira de cartulina... velaquí o resultado! (foto B).
Foto A:

Foto B:

A pregunta do RETO 4 é: por que observamos 3 cores diferentes (verde, amarelo, avermellado) se partimos dunha folla VERDE?
Pista: ten moito que ver co cambio de cor das follas no outono...

Dade vía libre á vosa curiosidade e animádevos a seguir participando, ánimo!!

mércores, 22 de abril de 2020

EXPERIMENTA NA CASA!!



Presentámosvos aquí varios experimentos que algúns dos vosos compañeiros e compañeiras están a facer na casa:


  • Neste vídeo Alejandro Martínez, de 2º, fabrica unha "lámpara de lava" aproveitando a diferente densidade de dúas substancias e unha reacción química que el vos explica (enlace)


  • Neste outro vídeo Breixo Barreira, de 3º, elabora un fluido non newtoniano que te sorprenderá (enlace)


  • Neste, Xiana Feijoó de 4º, móstranos como utilizar zume de limón como "tinta invisible" e danos a explicación científica dese fenómeno (enlace)


  • E neste podedes ver a Diego Diz, de 3º, inflando un globo dun xeito moi peculiar (enlace)


ANIMÁDEVOS a participar tamén enviando os vosos vídeos a cienciasbaronceli@gmail.com

Lembrámosvos que en poucos días publicaremos as respostas dos retos 1 e 2, e propoñerémosvos outros novos. Aínda estades a tempo de participar!

martes, 14 de abril de 2020

NON PERDADES ESTOS ENLACES!

Como ides cos retos 1 e 2? Varios dos vosos compañeiros/as xa enviaron as súas respostas... estades aínda a tempo de participar, animádevos!

A continuación propoñémosvos unha serie de enlaces e recursos que vos serán enormemente útiles e interesantes, máis nestas semanas de permanencia nos fogares. Botádelles un ollo, sorprenderanvos...!

  • LIBROS, PELÍCULAS E DOCUMENTAIS SOBRE CIENCIA: imposible que non atopes algo que che guste! (enlace)
  • WEBCAMS pasa observar animais salvaxes en todo o mundo! (enlace)
  • 10 WEBCAMS para observar niños de aves salvaxes e urbanas (enlace)
  • RECOÑECES ESTES SONS? (pincha en cada ave, sorprenderaste...!). Excelente páxina sobre a fauna e flora dos nosos ríos (enlace)
  • "QUE LLE FAI O CORONAVIRUS AO TEU CORPO?" Páxina en español de National Geographic con ese e moitos outros artigos e seccións. Podes descargar de balde as revistas de marzo e abril...e moito máis! (enlace)
  • “HAI VIDA EXTRATERRESTRE?” Máis dun cento de conferencias de divulgación do CSIC sobre este e outros temas de múltiples disciplinas: intelixencia articial, neurociencia, os antepasados humanos, as vacinas, o cambio climático, a antimateria, o espazo-tempo… (enlace)
  • CIENCIA NA TÚA CASA: "Aquelandonacasa" na TVG. Anímate a facer os teus propios experimentos de ciencia e envíaos a aquelandotvg@gmail.com! (enlace)
  • CIENCIA NA RÚA: "Aquelando" na TVG. Podes ver todos os programas emitidos deste interesante programa de ciencia para todos os públicos (enlace)
  • ENGÁNANOS O CEREBRO? "Brain games" e multitude de programas de Ciencia e Tecnoloxía na TVE (enlace)
  • BUSCAS RECURSOS ENTRETIDOS PARA COMPRENDER AS CIENCIAS? Nestes enlaces temos á nosa disposición multitude de recursos para aprender e xogar, clasificados por asignaturas e cursos, consultádeos! (educarex) (iessuel) (proyectobiosfera)

domingo, 5 de abril de 2020

RETOS 1 e 2


RETO 1: QUE BRILA NO CEO AO ANOITECER?

Esta foto foi tomada algo máis dunha hora despois de poñerse o Sol, na provincia de Ourense, este domingo12 de abril:


Mirando por unha fiestra que mire cara o Oeste ("poñente"), nos momentos en que o ceo non esté cuberto de nubes, durante este mes de abril e tamén no pasado marzo, podemos observar un obxecto celeste moi brilante case dende o momento da posta de Sol ata aproximadamente a medianoite. PODES DICIRNOS DE QUE SE TRATA? (RETO 1) Envía a túa resposta a cienciasbaronceli@gmail.com (indica o teu nome e curso). Importante: non salgas da propia casa para velo, faino por unha fiestra; se non che é posible, aquí tes este observatorio virtual do ceo nocturno.

Para este 1º reto daremos dúas pistas:

Pista A (do RETO 1):  Non emite luz propia, senon que a reflicte (logo non é unha estrela!)
Pista B (do RETO 1): A seguinte imaxe representa o Sistema Solar a comezos deste mes de abril (pincha na imaxe para vela en grande; podes atopala xunto con máis información neste enlace):




RETO 2: QUE COR LLE CORRESPONDE A CADA DISOLUCIÓN?





Neste vaso mesturamos dúas disolucións: unha formada só por agua e colorante e outra formada por auga, colorante e sal. CAL É CADA UNHA E POR QUE? (RETO 2)
PISTA: para sabelo terás que lembrar o concepto de densidade e a súa relación coa flotabilidade.

Envíade as vosas respostas a cienciasbaronceli@gmail.com (indicando nome e curso). ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

NESTE VERÁN...MANTÉN A CURIOSIDADE!!

Rematamos o curso, e chega o merecido cambio de aires e de actividades que trae consigo o verán. Pode ser un tempo de adicarnos máis a aque...